Grande mayday 03 2009
Mayday 03, 2009. Escultura instalada no Museo de Ciencias, Acuario Finisterrae, A Coruña.
Do mesmo xeito que a serie Mayday, esta escultura fala do territorio, da memoria colectiva e moi especialmente do mar.
A obra está realizada en aceiro cortén e luz, cuxo desteio reflicte o código internacional de socorro Mayday. A frecuencia do flash proxectada no teito do museo (catro pases de luz de 3´´, e tres sen luz de 0´3´´, e un mais longo de 0´9´´), é a mesma que ten o farol milenario da Torre de Hércules.
Se imaxinamos que estamos sumerxidos, e ollamos cara a Torre, ubicada a poucos metros, comprobaríamos a sincronzación dunha luz protectora, que alerta e protexe aqueles seres que habitan a superficie e as profundidades do océano.
Aceiro cortén e luz, 330 x 98 x 98 cm.
Localizacións: http://goo.gl/maps/c4h2e