Palabras de Pepe Galán na Fundación Luís Seoane. 25 de abril de 2018.
Esta intervención supón para min un grande reto, polo que significa poñer en diálogo conceptos artísticos e arquitectónicos, pero tamén participar dun Centro que leva o nome de Luís Seoane, un referente, un polifacético e comprometido artista.
Esta obra quere seguir eses pasos de compromiso e defensa da produción e dignidade dos autores.
Hai moito tempo da preocupación dos artistas visuais por afrontar a súa profesionalización e a súa dignidade como creadores e traballadores da arte. Os contedores culturais, nútrense de productos artísticos, resultado das ideas e horas de traballo dos autores. Xa que logo, os artistas temos o dereito de ser tratados de igual xeito que os/as traballadoras do ámbito cultural, porque sen escultura non hai cultura.
Por iso, pido dende aquí, que institucións e gobernos, activen na súa totalidade o “Código de boas prácticas” e colaboren máis cos/as representantes artísticos na elaboración das políticas culturais.
Esta intervención foi concivida específicamente para a Fundación Luís Seoane, e forma parte do proxecto “A volta dunha ausencia” exposición itinerante por diferentes espazos do país.
“Lume e ferro, a produción queimada” fala desa inquedanza mediante o efecto simbólico do lume. O lume como elemento evocador do máxico con capacidade purificadora; que arde o vello para dar paso ao novo, que desbota os malos agoiros e queimando o meigallo.
A instalación está composta por oito esculturas de diferentes etapas, amoreadas, dispostas nunha lumeirada virtual, cuxo fume modula as formas, e os farois vermellos, pretenden integrar e soldar o granito, o cristal, o ferro, o fume, coa arquitectura, velaí nunha soa obra neste espazo claustral.
Catálogo (galego), A volta dunha ausencial 2018. Exposición itinerante por Galiza.
Video, Lume e ferro, maqueta. 2017
Vídeo, proceso e construcion da obra, e instalación no patio da FLS, «Lume e ferro, a produción queimada». 2018