Luz e dignidade, o monumento de Pepe Galán aos Mortos do Portiño. PASARELA AO INFINITO, Xavier Seoane (galego, english)

PASARELA AO INFINITO

(O monumento aos “Mortos do Portiño”, de Pepe Galán)

Xavier Seoane

O monumento do escultor Pepe Galán no Portiño, veciño á cidade da Coruña, en conmemoración dos republicanos coruñeses que intentaron fuxir por mar e foron asasinados polos militares poucos meses despois do golpe militar, esperta na imaxinación, de maneira espontánea, o mundo funerario das estelas que, gravadas nos sartegos, chegaron a nós desde as fonduras dos tempos. Incluso, malia as lóxicas e grandes diferenzas, pode evocar o espírito conmemorativo latente nos epigramas da conmovedora Antoloxía palatina, ese espléndido legado de Greza no que se evocan de forma breve (e cunha digna, ética, humana e solidaria gravitas) múltiples personaxes e incidencias humanas. Mais no caso da escultura do Portiño non hai lugar para a literatura ou a evocación poética, pois o escultor optou por unha austera sobriedade, de modo que o único documento textual é a sucesión dos nomes das dezanove vítimas antifranquistas.

Porque Pepe Galán, home preocupado pola memoria histórica e artista militante nas causas éticas e sociais, sabedor da transcendencia que supón para unha sociedade o coñecemento veraz do pasado e a lóxica reparación das vítimas e dos seus descendentes, quixo facer unha intervención escultórica que servise tanto de homenaxe como de documento evocador deses tráxicos feitos, onde o intento de fuga por mar de case un cento de anarquistas rematou no tráxico masacre duns homes cuxo único delicto era a condición democrática, un elevado grao de conciencia política e a demanda de xustiza social.

Como a homenaxe era ás vítimas, o escultor adoptou a estratexia de agachar o seu protagonismo, realizando unha peza sumamente discreta, de achega conceptual e minimalista, que respectase incluso, coa súa humildade, a contorna, integrándose no espazo e na orografía de maneira natural: ese anfiteatro verde de vastas perspectivas oceánicas que abraia pola súa maxestosa beleza e escala.

Por iso decidiu traballar a nivel de terra (símbolo da morte, do enterramento, da perennidade?) e de aire (símbolo aberto a resonancias de esperanza, de altura, de liberdade, de soños e arelas non por incumpridos menos presentes?).

Canto aos materiais, usou o aceiro cortén para o corredor, que de forma intencionada contrasta o valor expresivo da súa textura ferruxenta de cor vermelliza-castaña co verdor vizoso da vexetación. Canto ás letras cos nomes das vítimas gravados na superficie plana, botou man do chumbo, como testemuña do mineral co que lles encheron o corpo.

A peza concíbese formalmente como un camiño de 20 metros, que tan só ascende e descende nos dous pequenos tramos de chanzos extremos, dirixíndose por un lado a unha difícil ou imposible fuga por terra, e, polo outro, a un horizonte marítimo inalcanzable, aínda que fondamente desexado e, xa para sempre, baleiro.

Pepe Galán quixo deixar así a testemuña dun alicerzarse ou fundamentarse na terra mais tamén dun itinerare, dun camiño. Un camiño no que, como nos petróglifos das rochas da nosa costa, figura a ladaíña gravada dos nomes-signo dos protagonistas, que quen sabe se algún día a terra cubrirá, mais gardarán, como un petróglifo metálico, a evidencia dunha historia, dunha traxedia, dunhas vidas truncadas.

Na obra de Pepe Galán está ausente a retórica. Na súa nudez, na súa extrema sinxeleza, no seu ascetismo radical, permítenos transitar: sentar nos chanzos, desprazarnos a través da pasarela e do campo circundante ou apoiarnos nas barras que sosteñen as luces. Unhas luces que, por certo, acadan na noite unha relevancia simbólica desexada polo autor, que actuou neste caso como unha especie de Dan Flavin da nocturnidade, xerando un efecto escultórico de carácter óptico e inmaterial, que expresa un estado de ánimo e crea unha transfiguración espacial. Primeiro, porque dotou ás lámpadas dunha sutil luz azul cobalto, aurática e celeste, que expande a escultura no espazo circundante, e establece un contraste lumínico coa longa noite de pedra dunha escuridade ambiental non menos simbólica. Segundo, porque fixo que unha das luces palpebrexase levemente, creando así un certo símbolo da fraxilidade, máis tamén a constatación simbólica dun latexar, dun alentar…

A obra está concibida desde a extrema contención representativa, dentro da abstracción minimalista e conceptual. De aí o seu plantexamento cromático case monocromo, no que destaca a textura áspera e rugosa do aceiro cortén en contraste coas letras cuñadas de chumbo, creándose tamén un xogo de oposición entre a luz diúrna e a nocturna e entre a iluminación natural e a artificial en azul.

Mais esa concepción rigorosa e contida non impide un rico simbolismo. As escaleiras, e o camiño, son símbolos de tránsito, de movemento, de fuga. Os dous farois crean unha especie de pórtico ou porta que enmarca o horizonte co que a obra se referencia. Ese horizonte remarcado simboliza a liberdade. O chumbo, segundo se viu, testemuña as balas, a violencia destrutiva. A elección do aceiro cortén, e o plantexamento construtivo, evocan a cultura industrial, da que talvez algúns dos represaliados participaban, e aspecto que está moi presente, desde hai anos, na praxe escultórica de Pepe Galán. Por outra parte, e con excepción da luz, que simboliza o tenue, o quebradizo, o vulnerable, e quizais tamén o mínimo latexo da vida ou da esperanza, a elección dos materiais está en función da duración: de garantir a pervivencia da memoria fronte á erosión e aos estragos do tempo e do medio natural. A sensación de espazo, de baleiro, tan presente na obra e no lugar, tematiza a ausencia, a morte, e establece unha atmosfera de desprotección, de perda, de soidade.

Unha obra, coma outras do seu autor, feita desde a discreción, a intencionada sinxeleza e a mesura. Concibida como un ámbito para a lembranza, a solidariedade e a meditación. Unha especie de pórtico ao infinito ou de tránsito a unha imposible esperanza.

Recordo ter ido a ver a peza en diversas ocasións climáticas, lumínicas ou ambientais. Nunha das últimas, nunha noite dura e chuviosa, na compaña do escritor Méndez Ferrín. A intensa chuvia caendo oblicuamente, o vento racheado e tenaz e a sombra mesta contribuían a unha escenografía da adversidade que non lle ía nada mal a esta obra silenciosamente expresiva que evoca o intento de fuxida e o asasinato deses antifranquistas coruñeses vilmente executados por individuos con entrañas de chumbo e alma de aceiro.

PASARELA AO INFINITO [Path to Infinity]

(Monument to the «Dead of Portiño» by Pepe Galán)

Xavier Seoane

Pepe Galán’s monument in O Portiño, neighbour to the city of A Coruña, is a memorial to the republicans of Coruña who tried to escape by sea but who were assassinated by government troops a few months after the coup d’état. It spontaneously awakens in the imagination the epitaphs, stelae and engraved tombstones from the depths of time. Despite the sentiment and great difference, it also evokes the memorial spirit present in the writings of the movingPalatine Anthology, that splendid collection of Greek poems and epigrams which bring to life numerous characters and stories from human history with dignity, ethics, humanity and gravitas. But in the case of the sculpture in O Portiño, there’s no room for literature or poetic language; the artist chose austere sobriety to the extent that the only words are the names of those nineteen anti-Francoist victims.

Pepe Galán, a strong believer in historic memory and a militant artist involved in ethical and social causes, understands that true understanding of the events of history is important for society and is a logical reparation for the victims and their descendants. For these reasons, he wanted to create an artistic monument to serve as not only a tribute but also as an evocative documentation of the tragic events that took place at the start of the Civil War. In that small, isolated port, nearly 100 anarchists tried to escape to freedom by sea, only to end up as a desolate and cruel tale of humanity – the tragic massacre of dozens of men whose only crimes were a belief in democracy, strong political convictions and their demand for social justice.

As this piece is a tribute to the victims, the sculptor adopted the strategy of hiding his involvement by making a discreet work of art with a minimalist concept and design. His humility in this aspect also respects the landscape, blending into the space and lay of the land in a natural way: this green amphitheatre with vast ocean views that amaze with their majestic beauty and scale.

For this reason, he decided to work at ground level (a symbol of death, burial and perpetuity) and with the air (a symbol open to the resonance of hope, altitude and freedom, unfulfilled hopes and dreams).

The sobriety and harshness of the Corten steel used for the path, with its expressive texture and chestnut-red rust colour, intentionally contrasts with the rich, verdant green of the vegetation. Using lead to fill the engraved names of the victims on the flat surface is a reminder of the metal which riddled their bodies.

This piece, in essence, is conceived as a 20-metre-long path which ascends or descends at its two ends, leading towards a difficult, steep escape by land at one end and to an unreachable but longed-for and eternally empty maritime horizon at the other.

Pepe Galán wished to create a solid testimony, a connection with the earth as well as a reminder of their journey. A path which, like the petroglyphs carved into the rocks along our coast, has the names / symbols of the protagonists carved into it. One day, the earth will cover them but. like a metal petroglyph, it will foreverbear witness to history, to a tragedy, to lives cut short.

Rhetoric is absent in the work of PepeGalán. With its nakedness, its radical simplicity, it allows us to travel: sit on the steps, walk along the path and the surrounding lawns, or lean against the posts supporting the lights. These lights truly attain the symbolic reference desired by the author, who acts as a Dan Flavin of the night, creating an optical and immaterial sculptural effect which expresses emotions and creates spatial transfiguration. Firstly, because he gave the lights a subtle blue tone, auratic and celestial, which expands the sculpture into its surroundings and which sets up a poetic contrast with the long night of stone* i n the no-less symbolic darkness. Secondly, by ensuring that one of the lights flickers slightly, he has created a certain sense of fragility, of time, a heartbeat, a breath…

But this rigorous and contained approach also leaves room for rich symbolism. The steps and the path are symbols of transit, of movement and of escape. The two lampposts create a kind of doorway which frames the horizon, a symbol of freedom- The lead is a testimony to bullets and destructive violence. The choice of Corten steel and the constructive layout evoke the industrial culture from which some of the victims came. This material has long played an important role in Pepe Galán’s sculptural works.
With the exception of the light – which symbolises tenuousness, fragility and vulnerability (and maybe also the subtle heartbeat of life and hope) – the choice of materials is based on their durability: to guarantee the survival of this memorial against erosion and the ravages of time and climate. The sense of space, of emptiness – so strongly felt in the work and the setting – represents absence and death and establishes a sense of vulnerability, loss and solitude.

This piece, like others by the same author, is made with discretion and sobriety; conceived as a place for remembrance, solitude and meditation. A type of gateway to the infinite or an arc of impossible hope.

I remember visiting the memorial in a range of weathers, lighting conditions and moods. One of the last visits, on a rainy night, I was accompanied by the writer Méndez Ferrín. The heavy, slanting rain, the gusting, strong winds and the dark, shadowy skies contributed to a scene of adversity, an atmosphere in keeping with the expressive silence of this piece. The artwork evokes the attempted escape and disappearance – shot or locked away – of those anti-Francoist republicans from Coruña who suffered the brutal reprisals of individuals with lead in their hearts and steel in their souls.

* Longa noite de pedra (Long Night of Stone) is a book of poetry by Galician writer Celso Emilio Ferreiro, the result of the author’s imprisonment in Celanova Monastery during the Spanish Civil War.

Deja una respuesta

Botón volver arriba