A volta dunha ausencia. Centro Cultural Marcos Valcárcel, Ourense 2018.
Texto do tríptico de Daniel López Abel para o Centro Cultural Marcos Valcárcel.
(…) Pepe Galán fai pública de novo a súa fonda preocupación polos temas que afectan ás sociedades actuais. Son case corenta anos poñendo a proba combinacións materiais e conceptuais non sempre congruentes. Unha busca obstinada de inéditas formas e texturas que interpelen á nosa tensa relación co mundo. Ese exercicio de responsabilidade destílase na súa escultura a través da formalización do encontro entre o baleiro e o cheo, o aberto e o pechado, a memoria e a historia. Frecuencias de intensidade variable que lembran a conexión íntima entre o cultural e o xeográfico. (…)
Texto completo en Textos.
Catálogo (galego), A volta dunha ausencial 2018, Ferrol. (Deseño, Pepe Barro. Fotos, Xoán Piñón). TVG, Zig Zag. As recentes creacións artísticas de Pepe Galán, despois dunha ausencia. Vídeos da mostra, Mulleres muro, 2018. Lume e ferro, maqueta, 2017. Garga de Dignidade, 2013. Anacos de tempo, 2017. Lume e ferro, a produción queimada, 2018.
Imaxes da exposición. Fotos de Galanobradoiro, Marina Nistal. F1, Sala Marcos Valcárcel… e obras no espazo expositivo. F8, artistas e coleccionistas galegos, de esquerda a dereita: Xosé Lois Vázquez, Pepe Galán, Anxel Huete, Luis Sirvent, Anxel Cerviño, Mark Ritchie, Ignacio Basallo e Manolo Fuigueiras.