Tensión e Correspondencia. Xulio López Valcarcel

Latente tensión de forzas interiores que pulan en expansión permanente, que se esforzan en romper,  en aparecer cara ao exterior, é a primeira sensación que percibimos ao contemplar as esculturas de Pepe Galán.

Límpidas superficies requintadas na fría asepsia cuase industrial do soporte que as vertebra e lles da forma.

Correspondencias neses envoltorios, como paquetes sorprendentes ou vultos imposibles, enigmáticos na súa incertidume, que non refiren ningunha mimese da realidade, senón que se limitan a suxerir, a manternos a expectativa.

Xanelas sen ollos, pulcros teares que esconden unha estructura metálica que produce o relevo pero que vai máis alá e nos conturban cunha inquedante pregunta. A impresión de empaquetado e máis notoria naquelas pezas nas que a estructura férrea, o esquelete, está por fora oprimindo a masa informe, orgánica. Vísceras visgosas configuradas polas propias pranchas e tiras de aceiro que as sosteñen, puxan por estenderse, esparramarse, por liberarse.

E o aceiro, tan presente na obra de Galán coa súa textura, coas súas combinación de luz e de xogos de sombras, coa particular pigmentación que o tempo lle vai imprimindo: “oxidosoidade, oxidodestrucción, oxidodolor frío, anónimo.

Tensión e correspondencias. Violencia e Serenidade, harmonía nacida do equilibrio da tensión de forzas que se neutralizan, que se corresponden,  que impiden a rotura e a rebelión. Un estado de angustia que subxace, que está presente sen esta-lo, sen manifestarse aparentemente.

Obra de fondo eminentemente conceptual, de profunda reflexión sobre a materia, sobre o espacio e a luz, a obra de Galán é, ademais, e unha metáfora en si mesma…

Xulio López Valcarcel. «Tensión e correspondencia» 1990.

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Botón volver arriba