Jannah Theme License is not validated, Go to the theme options page to validate the license, You need a single license for each domain name.

Lume e ferro, a produción queimada. Instalación. Daniel L. Abel.

En “Lume e ferro, a produción queimada”, Pepe Galán fai pública de novo a súa fonda preocupación polos temas que afectan ás sociedades actuais. Unha responsabilidade co estar nun lugar, un espazo físico e cultural determinado, que se destila na súa escultura a través da formalización do encontro entre o baleiro e o cheo, o aberto e o pechado, a memoria e a historia. A instalación, concibida especificamente para o patio da Fundación Luís Seoane, forma parte do proxecto A volta dunha ausencia, que levará a produción recente do artista coruñés a diferentes espazos do país tras uns anos sen facer exposicións. Un tempo de autoexilio sen viaxe de ida, marcado pola aprendizaxe e a exploración das vías inmateriais e sociais da arte.

Ante o dilema entre ancorar un sentido –instalarse na lóxica recorrente da madurez creativa– ou soltar amarras, Pepe Galán tira para diante queimando as naves, os restos amoreados da súa produción anterior. Unha lumeirada virtual para quitar o meigallo, desta volta, do ecosistema artístico galego. Que falta lle fai.

A intervención proxéctase nun espazo público e semiaberto, coma un (anti)monumento á memoria viva e afumante. Capaz de mudar e verse afectado en cada visita, en cada golpe de mar e de vento.

Unha estatua ritual, temporal, concibida tendo en conta a súa caducidade formal e a súa interdependencia co que foron e o que serán cada unha das súas partes. Nun ciclo no que se suceden fases de reflexión pausada, concepción, creación, prototipaxe, modelado, fundición, solidificación, transformación, montaxe, desmontaxe, reciclaxe (non sempre nesta orde) e que resume a mítica dos e das artistas, o día a día do seu traballo. Sempre na busca dunha reconciliación coa súa maneira de significar o mundo.

Daniel L. Abel. Catálogo parcial «Lume e ferro, a produción queimada», «A volta dunha ausencia» 2018.

Video, Lume e ferro, maqueta. 2017

Vídeo, proceso e construcion da obra, e instalación no patio da FLS, «Lume e ferro, a produción queimada». 2018

Reportaxe. TVG Zig Zag, Lume e ferro, a produción queimada: unha inistalación de Pepe Galán, 2018.

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Botón volver arriba